A Xunta e o Concello de Rairiz invisten máis de 137.000 € para mellorar o núcleo urbano
A Xunta colabora na humanización da praza da Igrexa no núcleo urbano do concello de Rairiz de Veiga.
A conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María Martínez Allegue, asinou esta mañá coa alcaldesa de Rairiz de Veiga, Josefa Asunción Morgade, un convenio de colaboración para materializar as actuacións previstas. O acto de sinatura deste acordo, onde tamén estivo a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, levouse a cabo hoxe na sala de xuntas da consellería en San Caetano.
O investimento total das intervencións rolda os 137.000€, dos que a Xunta financia o 70%, é dicir, 95.515€, e o Concello o 30% restante, 40.935€.
As actuacións que se levaran a cabo no entorno da Igrexa parroquial de San Xoán no núcleo urbano do municipio ourensán permitirán a renovación, soterramento de servizos urbanos e pavimentación no entorno da praza.
Tras a sinatura do convenio hoxe, prevense licitar as obras nas vindeiras semanas para poder iniciar de seguido a actuación, que ten un prazo de execución de 3 meses.
Esta acordo do departamento que dirixe María M. Allegue se acometen a través do Plan Hurbe do Goberno galego, apoiando aos municipios para mellorar a calidade de vida dos veciños e dinamizar determinadas zonas. Con este programa, a Xunta colabora no financiamento da dotación de equipamentos públicos ou a mellora de contornas urbanas.