martes. 19.05.2026

O conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración, José González, mantivo este mércores unha reunión de traballo coa alcaldesa de Rairiz de VeigaAsunción Morgade, para estudar novas fórmulas de colaboración que permitan dinamizar o comercio local. No encontro, no que tamén participou o director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén, abordáronse medidas para garantir a continuidade desta actividade esencial no municipio.

Durante a xuntanza, puxéronse de relevo as ferramentas do Plan estratéxico do comercio de Galicia 2025-2030, deseñado para fortalecer o sector de proximidade como motor de emprego e dinamización do territorio. Entre as principais liñas de apoio destacaron as axudas á dixitalización, innovación e modernización comercial, que contan cunha convocatoria recente de case 4 millóns de euros. Así mesmo, informouse de vindeiros apoios destinados a asociacións de comerciantes sen ánimo de lucro.

A colaboración institucional presentouse como un piar fundamental, destacando iniciativas como Vilas Vivas para potenciar os núcleos rurais. O obxectivo final é mellorar a imaxe, a eficiencia e a sostibilidade ambiental dos negocios de Rairiz de Veiga, asegurando que a veciñanza conte cos mellores servizos sen saír do seu municipio.

A Xunta e Rairiz de Veiga analizan vías de colaboración para dinamizar o comercio local