miércoles. 09.10.2024

O alcalde de Sandiás, Felipe Traveso, no pleno ordinario que se celebrou onte na casa consistorial, acusa ao presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, de trato discriminatorio co seu concello. Traveso solicítalle que o atenda á "maior brevidade" posible posto que "fai xa case dous anos" que non o recibe. O rexidor da Agrupación de Electores de Sandiás explica que ten a "necesidade de transmitirlle as necesidades da veciñanza". Ademais, Traveso denuncia que Baltar, "non atendeu ningunha das peticións de subvención que se lle fixeron, a pesares de que fai uns meses repartiu subvencións nominativas por importe de máis de 20.000.000 de euros". 

O portavoz de Agrelsan considera que non recibe o mesmo trato có resto de Concellos da comarca. "Esta actitude do Sr. presidente da Deputación de Ourense é a todas luces discriminatoria", expresa o alcalde. Por esta razón, a moción que foi aprobada polo pleno, remitirase ao Presidente da Xunta de Galicia, á  Valerora do Pobo en Galicia e ó Valedor do Pobo en Madrid. Acordouse tamén a proposta do alcalde de notificala ás institucións da Comunidade Europea que se equiparen ó Valedor do Pobo.

Asimesmo, durante o pleno aprobouse a modificación de crédito para acometer a parte que lle corresponde aportar ao Concello de Sandiás, no convenio que vai a suscribir coa Confederación Hidrográfica Miño Sil para o arranxo das dúas fosas sépticas na aldea de Cerredelo. 

Baltar leva dous anos sin interesarse polas necesidades de Sandiás