martes. 10.12.2024

Este venres, 30 de maio, poderás visitare coñecer a fondo a Igrexa de Santo Estevo da man de Celtia Travel, nunha iniciativa partocinada polo Concello de Sandiás co gallo do quinto centenario do templo.

No roteiro darase a coñecer e porase en valor a obra de Francisco de Moure e Bartolomeu de Nosende.

Coa deste venres serán xa dez as visitas guiadas realizadas ao magnífico templo tardogótico de Sandiás, que foi xa visitado por concelleiros e persoal técnico do concello, co obxectivo de por de manifesto que hai patrimonio artístico-creativo moi preto e que merece ser coñecido e valorado.

Un tesouro no rural

O rural atesoura un rico patrimonio que, moitas veces, mestura a arte coa relixiosidade. É o caso do belo conxunto que forman en Sandiás a igrexa de Santo Estevo, a Rectoral e o antigo Cruceiro preto do Camiño Real, do Camiño de Peregrinación, e ao carón da Vía Nova XVIII romana é un tesouro do patrimonio artístico e relixioso.

A Igrexa, de estilo entre o tardogótico e renacentista, foi construída "antes de 1520", polo mestre de cantería portugués, Bartolomeu Nosende.

O templo conserva no seu interior o retablo renacentista de Francisco de Moure, as portas manuelinas da fachada principal (Oeste) e lateral (Norte) e unha fermosa bóveda de cruzaría xa renacentista.

Reservas

Para visitar a igrexa no roteiro, organizado por Celtia, é preciso reservar a data chamando ao 988 440 831 (Ext. 1)

O Concello de Sandiás patrocina a visita á igrexa de Santo Estevo este venres