sábado. 27.07.2024

Sobre as 9:20 horas desta madrugada, informábase dun accidente de tráfico na saída da A - 52 de Sandiás -en dirección a Vigo- máis concretamente no punto kilométrico 202, situado na parroquia de Piñeira de Arcos.

Ao parecer producirase un choque entre un camión de paquetería e un vehículo pilotado por unha moza de 20 anos. Debido ao forte impacto, a muller rematou presa dentro do coche e tivo que ser rescatada polo servizo de bombeiros.

Ata o lugar do suceso trasladáronse os servizos sanitarios correspondentes, ademais dos bombeiros de Xinzo, a Garda Civil de Tráfico e Protección Civil.

Posteriormente, os bombeiros tiveron que eliminar da estrada un pouco aceite que liberara o vehículo tralo accidente, pois a súa presenza podería facer peligrar o tráfico da zona.

NOTICIAS A LIMIA | Unha condutora queda presa no seu vehículo tras colisionar cun...