domingo. 06.10.2024

O mércores día 8 de setembro daba inicio a II edición da Campaña Provincial de Compostaxe Doméstica organizada por Sogama, a Deputación de Ourense e a colaboración do Concello de Sandiás.

Con esta proposta quérese ensinar á poboación o proceso de aproveitamento do lixo orgánico e os modos tradicionais que existen á hora de contribuír á mellora e coidado do medio ambiente.

Calquera persoa que estea interesada en recibir unha clase de compostaxe na súa horta ou xardín poderá inscribirse sempre que cumpra cunha serie de requisitos:

  • Ter a primeira residencia en calquera dos concellos da provincia de Ourense -agás Ourense cidade-.
  • Non ter participado noutras campañas de compostaxe promovidas pola Deputación de Ourense.
  • Ter como mínimo 50 metros cadrados de horta ou xardín.
  • Comprometerse a estar presente no fogar durante as dúas visitas que se realizarán dentro do programa.

A data límite para a entrega das solicitudes será ata o día 15 de outubro, poderán facerse a través de diversos medios:

  • Dende a Casa do Concello de Sandiás -de luns a venres de 9:00 a 14:00- cubrindo un formulario impreso.
  • Chamando ao teléfono do Concello de Sandiás 988 465 001 -de luns a venres de 9:00 a 14:00- .
  • Cubrindo o formulario online correspondente a través da páxina do concello www.sandias.es/novas.

Para máis información poderase chamar ao teléfono 988 317 687 ou ben escribir ao correo [email protected].

NOTICIAS A LIMIA | Iniciada a II Campaña de Compostaxe Doméstica en Sandiás