10:23 do 13 de outubro de 2021
O Concello de Sandiás acaba de instalar unha nova marquesiña na parada de autobús do Alto do Novaiño, concretamente na estada N - 525 en dirección a Xinzo de Limia.
O asentamento do posto sitúase dentro do Plan Xacobeo á man da Concellería de Vicepresidencia Primeira da Xunta de Galicia, cun coste de 6.418,45 euros dos que a entidade subvencionou un 75 % desa porcentaxe, deixando a cifra restante para o concello.
A marquesiña conta cun deseño integrado na paisaxe e adaptado ao mundo rural. Proporciona unha mellor funcionalidade ao cumprir as normativas vixentes de prevención de incendios e seguridade viaria.