Xoves. 28.03.2024

Os servizos sanitarios trasladaron esta tarde ferido leve ao centro de saúde de Allariz ao conductor dun Opel Corsa que no kilómetro 204 da autovía A - 52 perdeu o control do vehículo e impactou contra a protección metálica da vía ocasionando, ademais das feridas de leve consideración, importantes danos no automóbil. 

O accidente, por causas que se investigan, aínda que xa trascendeu que o conductor triplicaba a taxa de alcol permitida en sangue, tivo lugar pouco despois das sete da tarde. Ata o lugar dos feitos acudiron efectivos de emerxencias, unha dotación do parque de bombeiros de Xinzo de Limia e tres patrullas da Garda Civil de Tráfico, que tamén se encargaron de regular a circulación nun dos carrís da A - 52 dirección Vigo, que quedou inutilizado ata que non se retirou o vehículo del. 


 

NOTICIAS A LIMIA | Perde o control do vehículo triplicando a taxa de alcol