miércoles. 09.10.2024

O Servicio de Emerxencias de Ourense acaba de informar dun accidente de tráfico na A - 52, concretamente no enlace de Sandiás en sentido a Vigo.

Sobre ás 16:30 da tarde, un particular informaba do avistamento dun vehículo que impedía o tránsito normal do tráfico no punto kilométrico 202, no paso pola parroquia de Piñeira de Arcos. Ao parecer, o condutor do automóbil perdera o control do mesmo e impactara contra os quitamedos, quedando finalmente quedo no medio da estrada e a uns 150 metros da zona de choque.

Os servizos sanitarios acudiron ao lugar do suceso e asistiron aos tripulantes do coche que, afortunamente, non sufriron danos leves. Tamén se trasladaron ata a escena dos feitos os bombeiros do Consorcio Provincial do Parque da Limia, as urxencias do 061, a Garda Civil e Tráfico.

NOTICIAS A LIMIA | Un vehículo accidentado obstrúe o tráfico na A - 52 en Sandiás