martes. 10.12.2024

O Concello de Sandiás pretende mobilizar aos veciños para manter de maneira colaborativa as contornas libres de lixo nesta III Campaña polo Medio Ambiente. Para isto, convidase este sábado 5 de xuño a todos os veciños "Á caza do lixo" para a recollida de sucidades que se atope nos montes. 

Esta acción será dende as 9:00 ata as 13:00 horas deste sábado. O punto de xuntanza para todos os interesados que queiran participar será na casa do Concello. As accións que se realizarán será a recollida de varios puntos de lixo nos montes e o seu posterior traslado ao punto limpo de Xinzo. Así como tamén, a retirada de plásticos, botellas, cristais e resto de cartelería que estea polo chan. O pobo elexido para estas actividades é Piñeira de Arcos. 

Dende o Concello recomendan levar un par de luvas, bolsa para o lixo, pinzas para a recollida e un vehículo de soporte

Sandiás mobiliza aos veciños á caza do lixo