viernes. 26.04.2024

A pasada semana, no Centro de Desenvolvemento Rural O Viso, saltaba a alarma dun novo positivo nas súas instalacións de Lodoselo, no Concello de Sarreaus. Durante a xornada do venres 19, as entidades sanitarias acudían ao centro a realizar as correspondentes probas PCR a todos os usuarios para detectar un posible gromo.

Ao día seguinte obtivéronse os resultados; de 45 PCRs feitas, 13 persoas daban positivo por coronavirus. Rexistráronse nove contaxios entre os residentes da vivenda comunitaria e catro casos nas traballadoras da entidade. As 32 persoas restantes deron negativo.

Dende o centro aseguran que a maior parte dos contaxiados e contaxiadas son asintomáticos, polo que o seu estado de saúde -polo momento- é bo. Afortunadamente, os residentes xa gozaban dunha terceira dose administrada da vacina. Aínda así, a preocupación é latente entre os membros da entidade; tal como aseguraba o fundador do CDR, Antonio Rodríguez Corbal, "Toño", estamos "preocupados, e ó tempo agardando que os residentes ó ter a terceira dose, os efectos sexan leves".

CORONAVIRUS A LIMIA | Gromo de 13 positivos no CDR O Viso