lunes. 07.10.2024

Logo dese arreón pandémico que sufriu a comarca nas últimas xornadas, os datos facilitados polo Sergas esta mañá reflicten unha lixeira baixada dos casos activos en toda a comarca, experimentando as maiores caídas os concellos de Sarreaus -onde se dera o gromo do CDR O Viso- e o concello de Xinzo. 

Así, o mes de decembro comeza cos seguintes casos aínda activos, por municipios:

  • Baltar, Os Blancos e Calvos de Randín: cero casos
  • Porqueira e Rairiz de Veiga: 1 caso
  • Sandiás: 2
  • Sarreaus: 5 (-5 casos activos)
  • Trasmiras: 12
  • Vilar de Barrio: 11
  • Vilar de Santos: 1
  • Xinzo de Limia: 25 (-1 con respecto ao día de onte)

CORONAVIRUS A LIMIA | Media ducia de casos menos na comarca