lunes. 07.10.2024

No monte veciñal de Ameá, na parroquia de Codosedo, a Xunta acaba de investir un total de 392.620 euros en arranxar e acondicionar un pasteiro de 88 hectáreas.

No terreo leváronse a cabo tarefas de roza, limpeza, acondicionamento para o seu cultivo e posteriores actividades de abono e sementa. Tamén se incorporou un galón e diversos peches e pasos canadenses para delimitar e dotar de seguridade á zona.

A iniciativa forma parte do Plan de pastos de Galicia, no cal destacan dous obxectivos iniciais. O primeiro é acadar un aproveitamento máis eficaz dos recursos naturais co fin de mellorar a rendibilidade das explotacións -neste caso dotando á Comarca da Limia de maior extensión de terreo para a gandaría extensiva- . E o segundo é lograr unha anticipación aos incendios forestais mediante a creación de discontinuidades no terreo, o que funcionaría coma barreira de extinción fronte ao lume.

Estas medidass foron resaltadas hoxe polo director xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, José Balseiros, na súa visita ao pasteiro de Sarreaus a modo de supervisión.

NOTICIAS A LIMIA | Habilítase para a gandaría un terreo de pasto de 88 hectáreas en...