miércoles. 24.04.2024

O Centro de Desenvolvemento Rural O Viso acaba de anunciar o remate das obras das Casas da Memoria, unha reforma encadrada dentro do proxecto Casas da Memoria e Interpretación da Paisaxe, a prol do coidado, protección e preservación do patrimonio.

Na iniciativa quérense poder recuperar moitas das actividades que se realizaban na antigüidade e que formaron parte das vidas dos anciáns da terra da Limia. O obxectivo é darlle voz a un pasado que se vai co facelemento dos maiores, moitas veces xa esquecido polas novas xeracións.

Para lograr isto, o CDR O Viso, coa axuda de membros e veciños voluntarios, levaron a cabo a reforma de tres pequenos locais situados na parroquia de Lodoselo, no Concello de Sarreaus. Espazos que foran cedidos á asociación dun xeito altruista por un período de trinta anos renovables. Realizáronse obras nunha palleira, nunha leñeira e nun espazo para o tear coa finalidade de poder contribuír ás actividades do pequeno pobo escola no Barrio do Outeiro.

Os recintos funcionarán coma se fosen "museos vivos", ofrecendo unha imaxe tal coma se correspondería anos atrás, ao mesmo tempo que se realizarán diversos traballos tradicionais da época, por exemplo, tecer liño. Tamén se impartirán charlas informativas e se organizarán xuntanzas.

O programa fora presentado á iniciativa LEADER, cun orzamento estimado por valor de 36.000 euros, dos cales a organización subvencionou cerca de 28.000. A diferencia restante consegueu compensarse grazas á axuda de diversos veciños do pobo, co traballo e apoio dos membros do CDR e coas doazóns de socios e voluntarios varios.

NOTICIAS A LIMIA | Finalizan as obras das Casas da Memoria en Lodoselo, Sarreaus