viernes. 26.04.2024

A Escola Rural de Saúde da Limia, en conmemoración do día Internacional da Muller Rural, organiza para a tarde de hoxe unha xuntanza na que se destacará o traballo das coidadoras do patrimonio cultural de Sarreaus. A charla terá lugar no forno de dito concello ás 16:30 horas.

A iniciativa encádrase dentro do Programa Mulleres, o cal conta co apoio da Secretaría Xeral de Igualdade da Xunta de Galicia. Ten coma obxectivo resaltar e dar a coñecer a importancia do papel que xogan as mulleres do rural e as súas contribucións á sociedade -tanto no ámbito do traballo coma na vida en xeral- .

Poñeranse en valor dez historias de dez mulleres destacadas en diversos campos, coma o de a saúde, a migración, agricultura, patrimonio cultural... resaltando tamén a vila ou aldea á que pertencen. Para isto, axudaránse de textos literarios, fotografías e diversos materiais audiovisuais entre os que toman importancia as entrevistas realizadas ás protagonistas e as súas familias.

NOTICIAS A LIMIA | A Escola Rural de Saúde da Limia resalta o traballo das coidadoras...