sábado. 27.07.2024

Co curso escolar xa rematado, o CDR O Viso fai balance dun dos programas educativos que desenvolven con nenos en Sarreaus. Pobo Aldea recibiu en Lodoselo a 750 nenos de 21 centros educativos diferentes, que tiveron a oportunidade de desfrutar vivindo a realidade das aldeas.

Este programa ten por obxectivo achegar ós máis pequenos como é a vida no rural, pero tamén os seus saberes e enigmas así coma as súas virtudes e ameazas, todo a través da experimentación e o descubrimento. A oferta de actividades é variada, dirixida para estudantes de escolas infantís, de Educación Infantil e Primaria e para os de Educación Secundaria. Unha actividade común que todos realizan é a elaboración de pan artesán de forma tradicional, o que lles permite experimentar de preto este proceso.

Cativos facendo pan de forma artesanal dentro do programa Pobo Escola.
Cativos facendo pan de forma artesanal dentro do programa Pobo Escola.

 

No CDR O Viso propoñen unha programación de actividades para un só día ou unha fin de semana, pero tamén ofrecen convivencias ou excursións, entre outras. Contan con tempada baixa, de setembro a abril, e coa alta, de maio a agosto. Cada un conta con diferentes prezos e eses ingresos destínanse para outros programas de carácter social que desenvolven no CDR O Viso.

NOTICIAS A LIMIA | O programa Pobo Escola do CDR O Viso recibiu a 750 nenos neste curso