O subdelegado de Goberno en Ourense, Emilio González, visitou esta mañá o concello de Sarreaus, onde se impartía unha xornada informativa dentro do plan "A Administración preto de ti". González destacou a "importancia de romper a fenda do mundo rural para traballar no reto demográfico", polo que esta iniciativa achega á cidadanía os servizos dixitais da administración pública, neste caso a unha localidade de máis de 1.400 habitantes e cunha medida de idade que supera os 60 anos.
Na presentación, o subdelegado estivo acompañado do alcalde de Sarreaus, Gumersindo Lamas, quen agradeceu que se desenvolvan este tipo de programas nos municipios de menos de 8.000 habitantes, o que supón para o rural "darlle a relevancia necesaria e coidalo con feitos".
Persoal da Subdelegación de Goberno presentará este programa ao longo da semana nos concellos de Sandiás, Vilar de Barrio e Os Blancos, achegando as ferramentas da Administración dixital aos seus veciños. En total, 81 municipios de menos de 8.000 habitantes se verán beneficiados nas provincia ao longos dos próximos meses.
González explicou que próximamente incorporarase ao programa persoal da Seguridade Social e do SEPE, tralo acordo acadado polo Ministerio de Política Territorial e os Ministerios de Emprego e Inclusión. "Queremos unha relación directa cos servizos da Administración e deste xeito, os veciños e veciñas de Sarreaus poderanse comunicar de forma máis áxil e dinámica, sendo catalizadores deste servizo sen ter que desprazarse á capital", engadiu o subdelegado.
"A Administración preto de ti" trátase dun programa do Ministerio de Política Territorial, en colaboración coa FEMP, enmarcado nas políticas do reto demográfico para avanzar na eliminación da fenda dixital e a cohesión social e territorial. Ourense sitúase á cabeza das provincias españolas nas que se desenvolve este programa de realización de trámites electrónicos de las provincias españolas en las que se desarrolla el programa en la realización de trámites electrónicos, achegando a Administración a miles de ourensáns. Ata o de agora, xestionáronse 500 certificados e 450 Cl@ves permanentes.
Trala xornada informativa, González visitou a Casa do Concello e mantivo unha reunión co alcalde de Sarreaus, ao que lle trasladou as axudas do Goberno en materia de eficiencia enerxética. Sarreaus recibiu no último ano 259.000€ en subvencións do IDAE.