lunes. 07.10.2024

O CDR O Viso recibiu esta semana unha nova doazón do Banco de Alimentos, que se irá repartindo ao longo deste mes e en xaneiro. Esta entrega, de 805 quilos de alimentos entre os que se atopan algún produtos de Nadal como turróns, pero tamén galletas, pasta, arroz, leite, aceite ou conservas, entre outros. A principios de decembro, O Viso tamén recibiu outra doazón por parte de Gadisa na que había alimentos e produtos de hixiene.

Dende a entidade amósanse "inmensamente agradecidos" por estas doazóns que axudan a incrementar, con produtos saudables e de primeira necesidade, a bolsa da compra das familias que forman parte do programa "Atención ás necesidades básicas". Esta iniciativa do CDR O Viso lévase a cabo con persoas en situación ou en risco de exclusión social.

"Atencións ás necesidades básicas" está financiado pola Consellería de Política social a través da subvención destinada a programas de interese xeral para fins de carácter social con cargo á asignación tributaria do 0,7% do imposto sobre a renda de persoas físicas.

NOTICIAS A LIMIA | O Viso recibe unha doazón do Banco de Alimentos para familias...