Xoves. 28.03.2024

A sexta onda da covid volve remitir en Xinzo de Limia, que alcanzou o máximo do mes o xoves día 24 con 146 casos activos rexistrados, e este luns está nos 116, unha redución do 13% e regreso aos niveis da segunda semana de marzo.

No resto de concellos da comarca a situación é de lixeiras subidas, agás Porqueira e Sarreaus, onde baixa. Caso aparte é Trasmiras, onde os rexistros se dispararon o venres até os 15 casos activos e hoxe volvéronse incrementar até os 25. Debido a esta circunstancia, o peso relativo de Xinzo no cómputo global de contaxios cae por baixo do 50%. É dicir, o resto de concellos suman en conxunto máis casos este luns: 124.


Así están os rexistros, desde a última actualización o pasado día 23 (mércores da semana pasada):
BALTAR  (variación +1) 3 (activos)
OS BLANCOS  (+5) 7
CALVOS DE RANDÍN (+3) 13
PORQUEIRA  (-5) 14
RAIRIZ DE VEIGA (+3) 15
SANDIÁS (+4) 21
SARREAUS (-1) 15
TRASMIRAS  (+22) 25
VILAR DE BARRIO (+1) 3
VILAR DE SANTOS (+3) 8
XINZO DE LIMIA  (-26) 116

Coa referencia do día 23, os contaxios na comarca aumentaron un 11%. En Xinzo, baixaron un 13%, pero no resto de concellos tomados en conxunto o aumento foi dun 51%. Despois de catro semanas de incremento constante das cifras, a tendencia parece próxima a cambiar, cando menos no caso de Xinzo.

En canto á incidencia acumulada nos últimos sete días, con datos de onte, día 28, o SERGAS informa de que en Xinzo foron detectados nese período 63 novos contaxios; mentres nos últimos 14 días a cifra é de 140. Polo tanto, a tendencia apuntada a semana pasada parece asentarse: a cifra de rexistros vai diminuíndo. 
 

CORONAVIRUS A LIMIA | Baixada notábel en Xinzo e aumento brusco en Trasmiras