viernes. 26.04.2024

A montaña rusa na que se converteu a sexta onda da covid durante o primeiro trimestre do ano na Limia devolve hoxe a curva de contaxios aos niveis da segunda semana de febreiro. En Xinzo rexístranse este mércores 142 casos activos, oito máis que onte. A cifra é similar ás que se deron durante a segunda semana do mes pasado. A diferencia é que daquela o número de contaxios ía en descenso; agora, segue en ascenso desde comezos de marzo.

No conxunto de concellos da Limia, o número de casos ascende hoxe até os 230. Son 14 máis que onte, un 6% máis. Os concellos onde sobe son, ademais de Xinzo, os de Calvos, Porqueira, Rairiz, Sandiás e Sarreaus. A suba é especialmente acusada en Sarreaus, con cinco novos contaxios rexistrados. Neste concello a cifra duplicouse desde hai unha semana. 

Do outro lado, entre os que baixan, Trasmiras e Vilar de Santos son os que máis reduciron a cifra. Mentres, Baltar, Os Blancos e Vilar de Barrio, con apenas dous casos respectivamente, son os municipios menos afectados.

Así están os rexistros
BALTAR  (variación =) 2 (activos)
OS BLANCOS  (=) 2
CALVOS DE RANDÍN (+1) 10
PORQUEIRA  (+1) 19
RAIRIZ DE VEIGA (+1) 12
SANDIÁS (+2) 17
SARREAUS (+5) 16
TRASMIRAS  (-2) 3
VILAR DE BARRIO (=) 2
VILAR DE SANTOS (-2) 5
XINZO DE LIMIA  (+8) 142

En canto á incidencia acumulada, o SERGAS informa, con datos a día de onte, que en Sarreaus detectáronse 11 novos contaxios nos sete días anteriores, e un total de 18 nos catorce días anteriores. En Xinzo, a estatística repunta lixeiramente. Hai 83 casos detectados en sete días (6 máis que cos datos do luns).

Desde o próximo luns, día 28 de marzo, os casos asintomáticos ou con síntomas leves xa non terán que gardar corentena, segundo decidiu onte o Ministerio de Sanidade nun primeiro paso para empezar a tratar a covid-19 como unha gripe máis. En calquera caso, a poboación vulnerábel e os residentes en centros de maiores e ingresados en hospitais si deberán seguir mantendo as corentenas.

CORONAVIRUS A LIMIA | Xinzo suma 8 novos casos e volve ás cifras da segunda semana de...