sábado. 27.04.2024

A comarca da Limia pecha a segunda semana de marzo con 171 casos activos de covid. Son 43 contaxios máis que o venres anterior, 4 de marzo. A cifra global marca un máximo desde o martes 15 de febreiro, cando se anotaron 182 casos.

Naquela altura Xinzo de Limia tiña 126 casos. Hoxe son 121. Sete máis que onte. A noticia positiva é que a incidencia acumulada baixou e, segundo o SERGAS. Con datos de onte, reducíronse os contaxios detectados nos sete días anteriores.

En calquera caso, o incremento foi xeneralizado hoxe en todos os concellos da comarca. Só Vilar de Barrio anotou un caso menos. Pero Os Blancos pasou de ningún a dous, e Trasmiras de seis a nove. En Xinzo, a porcentaxe da subida moderouse a respecto de onte. Mais a curva segue indo cara arriba.

Así están os rexistros
BALTAR  (variación =) 3 (activos)
OS BLANCOS  (+2) 2
CALVOS DE RANDÍN (=) 3
PORQUEIRA  (+1) 6
RAIRIZ DE VEIGA (+1) 3
SANDIÁS (+1) 10
SARREAUS (+1) 2
TRASMIRAS  (+3) 9
VILAR DE BARRIO (-1) 4
VILAR DE SANTOS  (=) 8
XINZO DE LIMIA  (+7) 121

A situación é peor que hai unha semana. No conxunto da comarca hai 61 casos máis, 22 nos concellos pequenos. Xinzo acumulaba o día 3 o 73% dos contaxios activos; hoxe a porcentaxe baixou até o 70%. Van xa oito días de incremento constante da cifra de casos.
 

CORONAVIRUS A LIMIA | Xinzo pecha a semana con 43 casos activos máis que o venres anterior