martes. 08.10.2024

O Servizo Galego de Saúde oferta 21 prazas en Ourense, tres delas na Limia, para médicas e médicos de Atención Primaria. As aspirantes deberán estar en posesión do título oficial de médico/a especialista en medicina familiar e comunitaria ou da certificación habilitadora prevista no artigo 3 do Real Decreto 853/1993, do 4 de xuño, sobre exercicio das funcións de médico de medicina xeral no Sistema Nacional de Saúde.


Para A Limia, a oferta pública, que intentará paliar “o moi grave déficit de profesionais de medicina de familia”, segundo o SERGAS, as prazas convocadas son para os centros de saúde dos Blancos e Calvos de Randín, unha; Xinzo de Limia e Trasmiras, unha; e outra para os de Sandiás e Vilar de Santos.

O anuncio prodúcese este 27 de abril, data na que estaba prevista a terceira xornada de folga do persoal sanitario no distrito de Ourense.

É a primeira convocatoria desta categoría, subliña o SERGAS nun comunicado difundido hai uns minutos, “para acceder á condición de persoal fixo, trala súa creación o pasado mes de decembro como medida extraordinaria e urxente da Xunta de Galicia tendo en conta que, co persoal que se xubilará nos próximos cinco anos e as vacantes sen cubrir actualmente, a remuda xeracional non está garantida, sendo insuficiente o persoal en formación de medicina familiar e comunitaria do próximo ano e dos catro seguintes”.


O anuncio prodúcese este 27 de abril, data na que estaba prevista a terceira xornada de folga do persoal sanitario no distrito de Ourense e que foi suspendida onte. Unha das reivindicacións das traballadoras e traballadores tiña que ver precisamente coa falta de médicas e médicos en Primaria, sobre a que ademais viñan lanzado a alerta da ameaza das futuras xubilacións. 


“Ourense é a provincia co maior número de Centros de Saúde e PACs de Galicia, mais dun centenar, 14 PACs e dúas Zonas Especiais de Garda [unha na Gudiña-Mezquita e a outra na Veiga-O Bolo] e deles 70 consultorios cun único médico”, informa este mércores o SERGAS, “ademais de contar co maior número de concellos recoñecidos con condición de illamento, 19 fronte aos 3 de Santiago ou 6 de Vigo, o que, xunto coa orografía e deficientes comunicacións dificulta a cobertura  de persoal”. 

A oferta pública intentará paliar “o moi grave déficit de profesionais de medicina de familia”, segundo o SERGAS.

Por comarcas, a convocatoria de novas prazas nos servizos de Atención Primaria de Ourense, ofértanse 5 prazas na Ponte, A Carballeira, A Cuña-Mariñamansa, Novoa Santos-Couto, desde as que se dará cobertura, alternativamente, aos centros de Piñor, San Cibrao de Viñas, San Amaro e Cenlle, así como realizando gardas, en función de cada praza, nos PAC de Ourense, Carballiño, Coles e Ribadavia.


O Servizo de Atención Primaria de Valdeorras oferta 3 prazas vinculadas a este mesmo PAC. E no mesmo distrito unha no Centro de Saúde e PAC de Viana do Bolo. No Distrito de Verín ofértanse 3 prazas no seu Servizo de Atención Primaria con gardas neste PAC e na Zona Especial de Garda de A Gudiña-Mezquita e asistencia nos centros de saúde de Verín, Monterrei e Laza.


En Celanova ofértase unha neste centro de saúde e PAC. Unha tamén no PAC de Ribadavia con consultas nos centros de saúde de Leiro e Beade. Dous en Carballiño, atendendo Beariz e Punxín e gardas nos PAC de Ribadavia e Carballiño. Unha no PAC Bande e cobertura Bande-Lobeira. Por último unha con gardas no PAC de Castro Caldelas e consultas en Castro Caldelas-Parada do Sil.

NOTICIAS A LIMIA | O SERGAS oferta tres prazas de Atención Primaria na Limia