sábado. 27.04.2024

Os concellos de Vilar de Barrio, Laza, Maceda e Montederramo únense para recuperar unha festa nun territorio que os catro comparten, a serra de San Mamede. Por iso, o vindeiro 5 de agosto organizarán unha romaría que contará con varias actividades ao longo do día, coa que buscan dinamizar a zona, e ás que se pode anotar un ata o 3 de agosto.

As actividades programadas comezarán ás 9:00 horas coa saída de dúas andainas, unha dende Rebordechao e outra dende Arnuide. Tamén a esa hora, outros asistentes poderán partir cunha subida en bici que arrancará dende Arnuide. Para participar nalgunha delas hai que anotarse chamando ao 686 681 693.

O programación continuará cunha misa na capela de San Mamede, que será ás 12:30 horas. Media hora despois, antes do xantar, a música en directo comezará a soar e poderase participar en varios xogos populares. A partir das 14:00 horas, os que teñan reservado o xantar poderán desfrutar del cun menú de empanada "campera", pementos, polbo, churrasco, criollo e bica de Laza. Tamén se inclúen viño, cervexas, refrescos e licor café como bebidas.

Capela de San Mamede.
Capela de San Mamede.

 

O custo do xantar popular son 20 euros para os adultos, 10 para nenos de 7 a 12 anos, mentres que para os máis pequenos asistirán de balde. A reserva para o xantar pódese facer nos teléfonos 607 329 684, 609 635 608, 638 105 282 ou no 686 681 693. O diñeiro que se recaude empregarase para arranxar o tellado da capela.

Os participantes que non suban coa andaina ou coa ruta en bicicleta, disporán de medios de transporte para chegar ata a serra e tamén para baixar. O subida será dende o campo da festa de Arnuide ás 11:00 horas, mentres que a baixada farase a demanda en varios turnos.

Programación da festa da serra de San Mamede.
Programación da festa da serra de San Mamede.

Vilar de Barrio, Laza, Maceda e Montederramo únense para celebrar a Festa da serra de...