sábado. 27.04.2024

Esta semana, a Escola Rural de Saúde da Limia deu comezo ao curso 2023/24 cun encontro no que participaron mulleres de Arnuide (Vilar de Barrio), Sarreaus, Porqueira, Ganade e Xinzo. As asistentes xa son coñecidas nesta asociación, pero dende a Escola Rural de Saúde invitan a todas aquelas mulleres que se queiran sumar.

Dende a dirección da escola, sinalan que "seguimos trabajando en la promoción de la salud en el rural y juntas dando a conocer el aporte tan valioso de las mujeres en la construcción de la vida de estos pueblos". Neste primeira gran actividade do curso, desfrutaron dunha merenda todas xunta e As Rebulideiras de Sarreaus puxeron o toque musical.

Ademais, esta xornada de convivencia serviu para render homenaxe a Serafina García, unha das máis veteranas da escola, que faleceu recentemente aos 89 anos. Dende esta semana, unha réplica da súa imaxe da Exposición Mulleres Símbolo do Rural atópase no local social de Arnuide para recordala.

O acto, que tivo lugar ondo río Arnoia, recolleu a irmandade das mulleres do rural destes municipios limiaos, haciendo de una despedida otro nuevo reencuentro.

As Rebulideiras de Sarreaus puxeron o toque musical da xornada. | FOTO: Escola Rural de Saúde da Limia.
As Rebulideiras de Sarreaus puxeron o toque musical da xornada. | FOTO: Escola Rural de Saúde da Limia.

NOTICIAS A LIMIA | A Escola Rural de Saúde inicia o curso cun encontro de mulleres