lunes. 11.05.2026

O Concello de Vilar de Barrio vén de convocar un Concurso para este Nadal 2025, unha iniciativa para encher o municipio de luz, cor e espírito festivo. O obxectivo é que cada recuncho de Vilar de Barrio se converta nun pequeno conto de Nadal, a través da decoración e iluminación de espazos públicos e vivendas.

Quen pode participar?

  • Veciñanza, asociacións, comisións de festas, negocios e colectivos que decoren un espazo público ou local habilitado e accesible ao público durante todo o Nadal.

  • Todas as vivendas do concello que decoren o exterior, como fachadas, xardíns, balcóns ou entradas.

Como participar

  • Reserva de espazos públicos ata o 18 de decembro no teléfono 988 449 001, indicando o nome da persoa responsable, un teléfono de contacto e o espazo a decorar.

  • Decoración e envío de fotos ou vídeos ata o 23 de decembro ao correo turismo@vilardebarrio.gal.

  • Valoración dos traballos do 24 ao 30 de decembro por unha comisión formada por veciños e veciñas das diferentes parroquias do concello.

 

Premios

  • Espazos públicos: 1° premio: 500 € | 2° premio: 300 € | 3° premio: 150 €

  • Vivendas: 6 premios de 50 € para gastar no comercio local durante todo o ano.

Vilar de Barrio reparte premios ás mellores decoracións do Nadal