sábado. 11.05.2024

O Partido Popular de Vilar de Barrio vén de dar a coñecer ao equipo que se presentará ás próximas eleccións municipais do 28 de maio. Óscar Seguín encabeza este proxecto, que pon o foco "na escoita e en traballar por todos os pobos e todos os veciños deste concello, porque todos son igual de importantes e todos merecen un Concello dinámico, participativo e con iniciativas".

Manuel Baltar, presidente provincial dos populares, acompañou ao equipo de Vilar de Barrio e destacou que é unha candidatura "gañadora, con xestión e proxectos de futuro para un concello que pode ser referente non só na comarca da Limia, senón da provincia".

Dentro do lista dos populares de Vilar de Barrio, destaca a presenza de Montse Lama. A actual concelleira de Xinzo preséntase como a número 2 de Seguín nas vindeiras eleccións municipais.

NOTICIAS A LIMIA | O PP presenta unha candidatura "gañadora" para Vilar de Barrio