lunes. 15.07.2024

As Olimpiadas Rurais da Limia volven este ano con forza! Esta terceira edición, organizada polo Colectivo Ras e clubes e entidades sociais da comarca, convida a todas as veciñas e veciños de Xinzo e das aldeas da Limia a participar nunha xornada chea de deporte, risas e compañeirismo.

Segunda edición das olimpiadas rurais.
Unha das probas da anterior edición.

 

A cita será o 7 de setembro na alameda do Toural, á beira do río Limia. O evento durará todo o día, dende a mañá ata o serán, con numerosas probas: lanzamentos, carreiras, relevos... Ademais, haberá música, premios, petiscos e moitas sorpresas.

Forma o teu equipo e únete e inscríbete no número de contacto: 681 13 83 79 (Borja, presidente do Colectivo RAS).

Aberto o prazo de inscrición para as Olimpiadas Rurais de setembro