Os días 18 e 19 no Pazo da Cultura de Pontevedra

Agrupación Musical e Chikiband 2.0 representarán a Xinzo no XVIII Certame Galego de Bandas

Certame Galego de Bandas de Música.

Boas novas para a música da comarca da Limia: a Agrupación Musical da Limia e a Chikiband 2.0 de Xinzo de Limia foron seleccionadas para participar no XVIII Certame Galego de Bandas, un dos eventos máis prestixiosos da música bandística de Galicia.

 

A Agrupación Musical da Limia participará na sección segunda, compartindo escenario con bandas de León, Arca e Portugal. Esta formación, cunha longa traxectoria no panorama musical galego, continúa consolidando o seu traballo e proxección.

 

Pola súa banda, a Chikiband 2.0 de Xinzo de Limia, composta por músicos máis novos, competirá na sección infantil, sendo unha das tres bandas seleccionadas xunto coa Banda Infantil da Unión Musical de Meaño e a Banda Infantil da Escola de Música de Veguellina de Órbigo (León).

 

O certame, que reunirá agrupacións de Galicia, Portugal, León e Asturias, terá lugar proximamente e supón unha gran oportunidade para visibilizar o talento local da Limia nun escenario autonómico e internacional.

 

Certame Galego de Bandas de Música.