O alumnado ata 14 anos poderá presentar deseños que representen a identidade musical limiá

A Agrupación Musical da Limia lanza un concurso para crear a mascota da Escola de Música da Limia

Concurso: Crea a mascota da Escola de Música da Limia.

A Agrupación Musical da Limia ven de poñer en marcha un concurso dirixido ao alumnado da Escola de Música da Limia coa finalidade de crear a que será a súa mascota oficial. O obxectivo é atopar unha personaxe que simbolice o espírito de unión, alegría e paixón pola música que caracteriza á familia musical limiá.

Segundo recollen as bases, poderán participar estudantes ata os 14 anos, quen deberán presentar un deseño orixinal, realizado a man ou de forma dixital, acompañado dun nome e dunha breve descrición na que se explique a súa relación coa música e cos valores da escola 

As propostas deberán remitirse en formato PDF, JPG ou PNG, cunha resolución mínima de 300 ppp.

O prazo para enviar as creacións estará aberto do 4 ao 21 de novembro de 2025, mediante correo electrónico ao enderezo escolademusicadalimia@gmail.com, indicando no asunto “Concurso Mascota – Nome do/a participante” 

Concurso: Crea a mascota da Escola de Música da Limia.

 

 

O xurado, composto por membros da dirección, profesorado e representantes da Agrupación Musical da Limia, valorará aspectos como a creatividade, a relación coa música, a identidade da Escola e a viabilidade de reprodución en distintos soportes promocionais.

A proposta gañadora recibirá como premio entradas e unha noite de hotel para tres persoas no Parque Warner de Madrid, ademais de converterse na imaxe oficial da Escola e Agrupación Musical da Limia.