viernes. 26.04.2024

Sen maiores consecuencias que os danos materiais, importantes nun dos automóbiles implicados, saldouse un sinistro de tráfico que ocorreu esta mañá, pasadas ás 10:20 horas.


Será a investigación que xa está a levar a Policía Local de Xinzo, que rapidamente acudiu até o lugar, a que determine as causas do accidente entre o vehículo que se incorporaba dende a Pista Os Castros e o que circulaba pola avenida de Madrid. 

O accidente provocou lixeiras retencións na circulación de entrada á vila de Xinzo durante pouco máis dunha hora. É o segundo sinistro de tráfico que ten lugar na avenida de Ourense nas últimas 72 horas


 

Novo sinistro de tráfico en tres días na avenida de Ourense