sábado. 27.04.2024

Fojón, foi gañador do premio Carlos Casares - Kristina Berg ao talento activo. O seu premio é grazas a súa "técnica depurada" e o estilo co que trata "ao rural galego na modernidade dun cómic". Hoxe, Cristian Fojón acudiu ao IES Lagoa de Antela para explicar ao alumnado a súa paixón pola banda deseñada e compartiu con todos os presentes algunhas técnicas para a consecución dun bo cómic, ilustracións, carteis de festivais musicais ou festas históricas.

A este evento acudiu a alcaldesa, Elvira Lama, o concelleiro de Cultura, Ramiro Rodríguez, o representante da Fundación Carlos Casares, Miguel Valverde, xunto co artista, Cristian Fojón, e o director do centro, Manuel Grande, e a xefa de estudos, Ana Martínez.

O artista Cristian Fojón imparte unha charla sobre o cómic aos estudantes do IES Lagoa...