martes. 23.04.2024

O servizos de emerxencia de Xinzo mobilizáronse pouco antes das dúas da tarde ante o aviso dun incendio nunha granxa de porcos na localidade de Moreiras. Ao parecer, segundo confirmaron veciños do lugar ao Diario do Limia, a granxa estaba baleira, xa que os animais saíron onte. Tampouco houbo persoas afectadas, segundo as primeiras informacións.

A alerta mobilizou aos Bombeiros de Xinzo, á Policía Local, á Garda Civil e a Protección Civil. Media hora despois do aviso, os servizos de emerxencias da Xunta aínda non confirmaban que a edificación afectadas fose unha granxa. Tamén se desprazou ao lugar unha Brigada forestal, para axudar nas labores de extinción.

Granxa 1
Bombeiros de Xinzo, durante a extinción. | FOTOS: M.Ceballos.

O lume quedou controlado pouco despois das 14:30 horas, e o operativo continúa apagando as lapas e arrefriando os restos.

Granxa 3
Unidades da Garda Civil tamén se desprazaron ao lugar. | FOTOS: M.Ceballos.

 

AVANCE | Arde unha granxa de porcos en Moreiras