Venres. 29.03.2024
O Concello de Xinzo de Limia informou esta tarde a través das súas redes sociais do corte no subministro de auga que se producirá mañá en catro rúas do barrio do Polígono: as rúas Río Miño, Río Támega, Río Salas e Río Arnoia, entre as 9:00 e as 14:00 horas.“Dende Viaqua informan de que debido a actuacións na rede o subministro de auga permanecerá cortado mañá, 27 de setembro, nas rúas Río Miño, Río Támega, Río Salas e Río Arnoia. O servizo restablecerase unha vez rematen as obras, sen previo aviso unha vez recuperadas as condicións óptimas de presión e caudal”, sinala o aviso municipal.

🟡 AVISO | Cortes de auga mañá en catro rúas de Xinzo