viernes. 26.04.2024

O Centro de Desenvolvemento Rural (CDR) "O Viso" prepara para o próximo 29 de maio un "sábado en familia". Esta vez, será na Forxa, no Concello de Porqueira. A idea é recorrer a aldea, visitar a Torre da Forxa que data do século XI, e camiñar ata O Fírbeda, afluente do río Limia e é a unión de varios regatos que nacen no Concello de Calvos de Randín.

Dende a entidade pública declaran que con estas iniciativas "achegámonos ó noso patrimonio natural e cultural, visibilizando a riqueza paisaxística da Limia para nenas, nenos e persoas adultas".

Lembra:

 

Para poder participar hai que inscribirse chamando ao 988 46 15 71 ou mandando un email a [email protected]

CDR O Viso organiza un "sábado en familia" na Forxa