viernes. 04.10.2024

No seu afán de cumprimento da Lei de Memoria Histórica, o goberno municipal -tras a súa oportuna aprobación plenaria (unánime)- ven de retirar a placa que daba nome á praza de San Sebastián, antes de consensuar cos veciños o contido da que a substituirá.

A placa, indicativa do ano e a instancia da construcción dos edificios, rezaba "Delegación Nacional de Sindicatos. Grupo San Sebastián. 50 viviendas. Año 1965", acompañado de símbolos a esquerda e dereita, tal e como se pode apreciar na fotografía.
 

Dende o concello informan de que "se está a traballar para que este capítulo da historia non teña cabida nos espazos públicos" e insisten no seu firme propósito de retirar "toda a simboloxía relacionada ca ditadura franquista das rúas da vila."

O Concello cumpre co seu "firme propósito" de retirar a simboloxía franquista das rúas...