martes. 19.05.2026

O Grupo de Goberno do Concello de Xinzo de Limia, tras avaliar os últimos informes técnicos e en coordinación cos servizos de emerxencia, logo de esgotar todas as vías posibles durante a xornada de hoxe, comunica a suspensión das actividades principais previstas na Praza Carlos Casares para a xornada de mañá, sábado 24 de xaneiro.

Esta decisión vén motivada pola confirmación recibida polo alcalde, Amador Díaz, ás 20:23 horas, na que a AXEGAcomunica a imposibilidade de desprazar o camión do Posto de Mando Avanzado (PMA) debido á alerta por climatoloxía adversa. Segundo establece o Plan de Autoprotección do evento, a presenza deste dispositivo de coordinación técnica é un requisito indispensable e obrigatorio para a celebración dos actos na Praza Carlos Casares, polo que, sen a súa instalación, o Concello non pode garantir a seguridade necesaria nin cumprir coa normativa vixente para un evento destas características.

Quedan canceladas a actuación da orquestra Origen, o concerto de Henry Méndez e a conta atrás e o acto do Petardazo, permanecendo o reloxo da Praza Carlos Casares apagado como sinal da suspensión do evento principal.

Co obxectivo de manter o espírito do Entroido nun entorno máis controlado, mantense a animación musical por diversas rúas da vila a partir das 22:00 horas, coa actuación da disco móbil ApocalipsisXituma Batuke e a Charanga Achicoria.

O Concello de Xinzo de Limia lamenta profundamente ter que adoptar esta medida, mais lembra que a seguridade da veciñanza e das persoas visitantes é a prioridade absoluta ante a imposibilidade de contar cos medios de coordinación técnica necesarios debido á alerta meteorolóxica.

O Concello de Xinzo suspende os concertos e o Petardazo por seguridade