sábado. 20.04.2024

Porqueira segue a ser o único concello da comarca que mantén o seu contador a cero casos activos. O resto de municipios non presentou, nas últimas xornadas, variacións. Só Xinzo, que descendeu do venres ao sábado 24 de xullo en tres casos, incorporaba o domingo un novo, para manterse nos 33 positivos en Covid - 19.

Así está o cómputo por concellos:
 

  • Tres casos: Trasmiras e Sandiás
  • Dous casos: Os Blancos, Sarreaus, Vilar de Santos e Vilar de Barrio.
  • Un caso: Baltar, Calvos de Randín e Rairiz de Veiga. 
  • Con cero casos: Porqueira. 

 

CORONAVIRUS A LIMIA | Tres días de estabilidade na comarca