A capital antelá está xa nos 16

CORONAVIRUS A LIMIA | Dez novos casos en Xinzo en tres días

Centro de saúde de Trasmiras, concello no que só hai un caso rexistrado.

Este domingo son xa 16 os casos activos que rexistra o concello de Xinzo de Limia, tres máis que os de onte e dez máis dos contabilizados tan só o pasado xoves. 

O resto dos municipios da contorna permanecen sen positivos, agás Trasmiras e Os Blancos, que teñen cadanseu caso.