sábado. 20.04.2024

O termo municipal de Xinzo da Limia rexistra 159 casos activos de covid-19, un 15,7% máis que na xornada de onte luns. Na comarca da Limia o número de casos ascende a 219, un novo máximo desde que comenzou esta sexta onda da covid-19. E record tamén en Xinzo no mesmo período. Por concellos, Trasmirás e Os Blancos presentan as taxas máis elevadas despois de capitalidade. En Trasmiras anótanse hoxe 13 positivos, un máis ca onte; e 10 nos Blancos, dous máis.

Todos os concellos limianos rexistran cando menos un caso positivo, circunstancia que non  se daba desde o pasado día 23 de decembro. Este martes, Porqueira e Calvos volveron aparecer na estatística cun caso en cada concello.

Así están os rexistros:

  • Baltar: 9
  • Os Blancos: 10 
  • Calvos de Randín: 1
  • Porqueira: 1
  • Rairiz de Veiga: 4
  • Sandiás: 7
  • Sarreaus: 7 
  • Trasmiras: 13
  • Vilar de Barrio: 3
  • Vilar de Santos: 5
  • Xinzo da Limia: 159

Mapa galego con incidencia por concello en: https://coronavirus.sergas.gal/datos/#/gl-ES/galicia

CORONAVIRUS A LIMIA | Novo record de positivos en Xinzo, onde os casos soben un 15%