miércoles. 24.04.2024

A comarca da Limia alcanzou un novo máximo nesta sexta onda da covid-19 con 599 casos activos rexistrados. Porén, este mércores, as subas moderáronse. En Xinzo hai 39 casos máis que onte, pero o incremento foi dun 10% até chegar aos 430 contaxios activos. Os Blancos e Calvos mantéñense nas cifras do día anterior, mentres que en Baltar, Rairiz de Veiga e Vilar de Barrio apenas se anota un contaxio máis que onte.

Así están os rexistros:
    • Baltar: 19 (+1) 
    • Os Blancos: 18
    • Calvos de Randín: 3 
    • Porqueira: 15 (+2)
    • Rairiz de Veiga: 14 (+1) 
    • Sandiás: 30 (+5)
    • Sarreaus: 29 (+2)
    • Trasmiras: 16 (+2)
    • Vilar de Barrio: 9 (+1)
    • Vilar de Santos: 17 (+3)
    • Xinzo da Limia: 430 (+39)

Onde máis sobe o número de casos é nos concellos de Sandiás e Sarreaus, con 30 e 29 rexistros respectivamente a data de hoxe. Hai unha semana, na véspera de Reis, ambos concellos presentaban un terzo das cifras actuais. Durante este período a incidencia triplicouse tamén en Vilar de Santos, aínda que con cifras máis baixas; mentres que en Xinzo se ten duplicado. 

Esta tarde realizarase na Casa do Concello de Xinzo a segunda quenda de test gratuítos. A presión da pandemia sobre os hospitais ourensáns segue practicamente nos mesmos valores da semana pasada: hai 8 persoas en coidados intensivos e 66 hospitalizadas. O SERGAS informou esta mañá do falecemento de dúas mulleres contaxiadas de covid, de 97 e 91, con patoloxías previas no hospitais de Ourense e da Coruña.

CORONAVIRUS A LIMIA | Subida moderada do 10% a respecto de onte en Xinzo