Xoves. 28.03.2024

A capitalidade da comarca comeza 2022 duplicando o número de casos activos en cinco días. Se o pasado día 29 de decembro rexistraba 67 positivos, este luns día 3 son 134 os limiáns contaxiados por coronavirus. Só baixa en número de positivos Rairiz de Veiga, que perde dous; e os concellos de Calvos de Randín e Porqueira seguen sen rexistrar diagnosticados por coronavirus. 

Así están os rexistros concello a concello:

  • Baltar: 9 (+ 1 dende o venres 31 de decembro)
  • Os Blancos: 8 (+ 3)
  • Calvos de Randín: 0
  • Porqueira: 0
  • Rairiz de Veiga: 4 (- 2)
  • Sandiás: 4
  • Sarreaus: 7 (+ 2)
  • Trasmiras: 12 (+ 1)
  • Vilar de Barrio: 2
  • Vilar de Santos: 5
  • Xinzo de Limia: 134 (+ 35)

CORONAVIRUS A LIMIA | Xinzo arranca 2022 con 134 casos activos da Covid - 19