viernes. 19.04.2024

Primeiro día no que se coñecen datos dende o pasado venres, o último no que o Sergas proporcionou información sobre os casos activos na comarca. 

Como era de agardar, e na tónica do que está a acontecer no resto da comunidade autónoma, só Vilar de Barrio e Trasmiras experimentan descensos no número de positivos. O resto de concellos con casos antes da ponte incrementan os seus diagnósticos en coronavirus, con Xinzo coma o mais destacado, achegándose aos 33 neste martes 7 de decembro. Os Blancos e Porqueira manteñen o contador a cero, Trasmiras e Vilar de Barrio descenden en pacientes de Covid - 19 de xeito significativo. 

Así queda a estadística deste martes na comarca da Limia:

  • Baltar: dous
  • Os Blancos: cero
  • Calvos de Randín: 4 (+1)
  • Porqueira: cero
  • Rairiz de Veiga: dous
  • Sandiás: dous (+1)
  • Sarreaus: sete (+1)
  • Trasmiras: cinco (-3)
  • Vilar de Barrio: catro (-6)
  • Vilar de Santos: dous (+1)
  • Xinzo de Limia: 33 (+5)

 

CORONAVIRUS A LIMIA | Xinzo colócase con 33 casos de Covid na metade da ponte