viernes. 26.04.2024

O comité clínico que asesora á Xunta de Galicia na xestión da pandemia provocada pola Covid - 19, vén de acordar, na súa xuntanza desta tarde, o nivel máximo de restricións para os concellos de Ordes, Melide e Monforte de Lemos.

O grupo de expertos tamén estableceu o nivel alto de restricións para os concellos de Agolada, Arzúa, Lalín, O Pino, Trazo, Curtis, Cee, Cerceda, Muxía, Antas de Ulla,  Monterroso, Palas de Rei, Vilalba, A Pastoriza, Castro de Rei, Meira, O Saviñao, A Pobra de Trives, Viana do Bolo, Ares e A Cañiza.

Ademais, as medidas do nivel medio serán de obrigado cumprimento nos municipios da Coruña, Arteixo, Cabana de Bergantiños, Carballo, Corcubión, Malpica de Bergantiños, Oleiros, Oza-Cesuras, Ponteceso, Zas, Aranga, Betanzos, Camariñas, Fisterra, Santa Comba, Silleda, Boimorto, Frades, Muros, Noia, Santiso, Tordoia, Ferrol, Chantada, Lugo, Outeiro de Rei, Baralla, Cospeito, Taboada, A Rúa, Ourense, O Barco de Valdeorras, Verín, Bueu, Poio, Sanxenxo, Gondomar, Pazos de Borbén, Ponteareas, Redondela e Nigrán.

Os restantes concellos galegos permanecerán no nivel medio baixo, no que se atopará Xinzo de Limia. Volver ao nivel máis baixo de restricións supón que no interior dos establecementos hostaleiros a ocupación permitida será dun 75 por cento da capacidade máxima, e non como até o de agora, que era do 50 por cento

Todas estas medidas entrarán en vigor ás 00:00 horas do vindeiro sábado, 4 de setembro.

CORONAVIRUS A LIMIA | Xinzo sae do nivel medio de restricións este sábado