martes. 10.12.2024

A Feira da Pataca e da Maquinaria que se celebrará os días tres, catro e cinco de setembro está xerando que moitas empresas manifesten o seu interese en participar. O executivo local de Xinzo de Limia enviará nos próximos días documentación para que todos os interesados poidan formalizar a súa inscrición.

Este ano está previsto que a feira ocupe o pavillón municipal e os seus exteriores, habilitando a explanada da instalación, a rúa dous de maio dende a rotonda ata a ponte sobre o Limia e a explanada do Toural. 

O concelleiro de Promoción Económica, Manuel Pérez Campos, valora esta iniciativa como unha "moi boa noticia" e afirma que "seguiremos traballando duro para converter a feira nun referente do sector no norte de España".

Campos adiantou que haberá charlas para os profesionais do sector e tamén se espera que a Xunta de Galicia estea presente cun expositor con productos da Denominación de Orixe. 

Crece o interese das empresas en participar na Feira da Pataca e Maquinaria Agrícola