lunes. 29.04.2024

Este venres comeza a IV Feira do Comercio de ProLimia en Xinzo e, ao longo de tres días, converterase nun escaparate para amosar o potencial dos negocios limiáns. Medio cento de establecementos estarán presentes nesta feira, que contará cunha ampla programación de actividades paralelas do ámbito gastronómico, musical e deportivo, xunto con varios obradoiros, para animar as xornadas.

A Feira do Comercio dará comezo o venres ás 12:00 horas, cando o pavillón de Xinzo se abra para recibir a todos os interesados en coñecer a oferta de comercio limiá. O peche será ás 21:00 horas ao longo dos tres días, só cambia o horario de apertura do sábado e do domingo, que é ás 10:00 horas.

 

Este é o cuarto ano que se celebra a Feira do Comercio de ProLimia. Están contentos cos resultados obtidos en anteriores edicións?

Moi contentos. Analizando os resultados, vemos como cada ano aumentan as ventas, que é a finalidade desta feira.

O número de establecementos e negocios que participan segue a medrar. Que cren que lles aporta esta feira?

Medran os establecementos e negocios participantes xa que nesta asociación temos a costume de organziar unha reunión despois de cada campaña que se fai, para valorar os resultados e anotar cousas que debemos de mellorar en próximas edicións. Todo o mundo expón os seus resultados e vemos que cada vez son mellores.

Esta feira está enfocada á venda de artículos que podemos ofrecer durante todo o ano, pero a un precio moi rebaixado. Tamén é unha moi boa escusa para compañeiros comerciantes que o que queren é darse a conocer, así como os productos que teñen á venda ou servizos que poden dar ós veciños da vila.

Da programación deste ano, que destacaría?

A programación está enfocada a que haxa actividades, obradoiros, música..., todo o que podemos ofrecer ós nosos veciños e clientes para que lles sexa agradable a súa xornada de compras. E o que máis destacaría é que tódalas actividades coas que compensamos ós nosos visitantes están desenvoltas por grandísimos profesionais da nosa vila e de comarca limiá, tanto a música como os obradoiros e actividades deportivas ou exhibicións. Colaboran coa feira desinteresadamente, sen cobrar ningún tipo de compensación económica.

 

A feira celébrase a finais do verán. A data, serve dar un último pulo ás ventas das rebaixas?

Esta data é unha boa escusa para comprar as últimas rebaixas que quedan nos nosos comercios. Ademais, pódese aproveitar esta boísima ocasión para facer as compras da “Volta ó cole”, que tanto nos preocupan despois das vacacións de verán.

Esta é unas das moitas actividades que organizan ao longo do anom campañas para incentivar as ventas. Son necesarias todo tipo de propostas para que os clientes se movan e merquen?

Si, non sei se necesarias, pero o que está claro é que se nota o aumento de compras cuando se fai algunha campaña extra como asociación.

A situación do comercio local segue a ser complicada coa competencia das grandes superficies e da venda en liña. Cal é o estado do sector en Xinzo?

Pois o estado é bastante regular, como en tódolos lugares, pero nós estamos convencidos de que o comercio local é un sector imprescindible da economía vital para a sociedade. Estamos loitando para que se reflexe así no día a día. Tamén estamos convencidos de que a unión que temos na nosa vila entre os compañeiros comerciantes só fai que esta asociación e as nosas actividades laborais vaian en aumento cada día máis.

Cartel da Feira do Comercio de ProLimia que se celebra esta fin de semana en Xinzo.
Cartel da Feira do Comercio de ProLimia que se celebra esta fin de semana en Xinzo.

ENTREVISTA | Concha Conde: "O comercio local é un sector imprescindible para a economía...