lunes. 09.12.2024

A mestra de Educación Infantil Inma Jardón presenta mañá na Casa da Cultura o seu primeiro conto autopublicado, "De que trata o amor?", e o libro "Mesas de aprendizaje, experimentación y juego". A limiá, xunto con María de Santiago, quen se encargou de ilustrar o conto, falará das dúas publicacións nun acto aberto a toda a veciñanza ás 20:00 horas.

"De que trata o amor?" está dispoñible en varios puntos de venda de Xinzo e "Mesas de aprendizaje, experimentación y juego" poderase mercar a partir deste venres, cando se comezará a distribuír por librarías de todo o país.

De que tratan estes libros?

Un trátase dun conto infantil ilustrado, que é "De que trata o amor?". Eu fixen os textos e María de Santiago as ilustracións. É un libro autopublicado no que contamos a historia dun neno en silla de rodas -Xián- que chega a un novo colexio, onde ten que facer amizades e integrarse, notándose extraño por ser diferente. Por sorte, conta con outro rapaz que o axuda e a través diso falamos de temas como a empatía, o amor, a amizade, a diversidade e ata o medo ao diferente.

O outro é "Mesas de aprendizaje, experimentación y juego", que xa é de carácter docente para familias e profesores. Ten dous capítulos, un sobre a mesa de luz e o outro sobre a bandexa de actividades, onde se recolle de todo. Está explicado para que todo se poida facer na casa coas crianzas ou nas escolas.

Por que decidiu publicalos?

Eu son mestra de Educación Infantil e o mellor recurso para tratar temas cos nenos, son os contos. Ás veces temos situacións nas que inventamos historias e llas contamos para intentar explicarllas. Este conto xa ten uns anos e relatáballo moitas veces, pero a través da miña conta de Instagram (@a_profe_inne), vin que outros compañeiros publicaban contos e informeime. Determinei que ía autopublicalo e decidimos darlle para adiante coas ilustracións de María e os meus textos. Debemos levar un ano montando e planificando todo.

No outro, foi todo a través da editorial Sar Alejandría. Eles contactaron conmigo a través de redes para ofrecermo e incluílo nunha colección didáctica que teñen. Vin que era unha oportunidade xenial e tamén que me podía axudar a dar a coñecer un pouco máis o conto ilustrado.

María de Santiago é a ilustradora de "De que trata o amor?".
María de Santiago é a ilustradora de "De que trata o amor?".

 

Onde se poden conseguir?

O conto pódese mercar na propia presentación de mañá, pero tamén temos exemplares na Librería Nobel, en Las Marías e no estudo de tatuaxes M de Santiago. Ademais, é un libro solidario a favor de Limisi. Por cada exemplar, un euro vai doado para eles. Eu traballei en Limisi e daste conta de que son persoas capaces de facer moitas cousas, teñen moito mérito e enfróntanse a moitas trabas que lle poñemos nós. Polo momento, seguimos traballando para ver se o podemos ter en máis sitios de Xinzo. Por outro lado, o libro didáctico vai estar distribuído en librerías de toda España a través da editorial.

Esta é a única actividade de promocional que teñen previsto facer?

Temos planificando ir o luns ao centro de día de Verín e tamén ao de Xinzo, pero este último será preto do Día do Libro que será o 23 de abril. Con motivo desa xornada, tamén estaremos con obradoiros no CEIP Carlos Casares para amosarllo aos nenos.

O conto, é só para un público cativo?

Cando me preguntan para que idades é o conto, sempre digo que de 3 a + 99 anos. Dependendo da etapa da vida na que te atopes, podes interpretar unha mensaxe ou outra. En definitiva, é un conto para toda a familia, porque se verá a importancia do que se lle di aos nenos na casa e como se tratan os temas nela. Se os crías e os educas nese respeto polo diferente, medrarán respetándoo. Para os maiores tamén pode valer, xa que estén en silla de rodas como Xián, poden velo doutra maneira e empatizar con el, igual que nenos que teñan avós nesta situación. Só podo dicir que está gustando moito.

ENTREVISTA | Inma Jardón: "É importante educar ás crianzas no respeto ao diferente"