Terá un horario regular de chorros activos

A fonte da Casa de Cultura volve estar en funcionamento

Traballos de arranxo da fonte da praza Carlos Casares, estes pasados días | Foto: M. Ceballos

A fonte da praza Carlos Casares, fronte ao edificio da Casa de Cultura en Xinzo de Limia, volverá a funcionar tras case dez anos sen cumprir a súa función ornamental, nun sitio tan destacado e céntrico do concello.

O problema -segundo información aportada polo consistorio- estaba no motor da propia fonte, e alí se centraron os traballos de arranxo.

A fonte, que consta de cinco chorros de auga que se elevan dende o chan no centro da praza, terá un horario fixo de funcionamento, e poderá ser desfrutada xa polos veciños.