martes. 10.12.2024

A iniciativa das xornadas de educación sexual a alumnos de segundo e cuarto da eso e de de FP Básica, que comezou hoxe e se repetirá os días 3 e 10 de maio, promoveuse por iniciativa do Concello de Xinzo de Limia.

Tal e como se indica no programa do ciclo formativo, está previsto que acudan ao centro tres poñentes que impartirán as charlas nas aulas, respectando os grupos burbulla sen mesturar ao alumnado.

O primeiro dos ponentes, Ana Cardoso, técnica de Igualdade no Concello de Allariz, é especialista en sexoloxía, xénero e políticas de Igualdade. Foi esta ponente que impartiu a formación hoxe á mañá ós estudantes de catro grupos de 2º de ESO, mentres que pola tarde traballou cun grupo de 4º de ESO.

O 3 de maio collerá o relevo Beatriz Pérez Fernández, titulada en Psicoloxía e con estudos de mestrado en Educación, Xénero e Igualdade.

Pechará o ciclo a experta Uxía Fernández, educadora familiar nos Servizos Sociais Comunitarios do Concello de Allariz.

A iniciativa contará cunha periodicidade concreta, pois pretende estar presente ao longo da etapa na que os mozos deben aprender a nomear e a entender o que lles acontece no ámbito da sexualidade, coa finalidade de fomentar a convivencia entre persoas de todas as idades.

Debido ao gran interese deste ciclo para os alumnos, a intención do concello de Xinzo é seguir organizándoas nos próximos anos.

No IES Lagoa de Antela impartíronse hoxe xornadas de educación sexual a alumnos de...