martes. 23.04.2024

Durante o mes de marzo o thereminista Paulo Pascual e Illa Bufarda, realizarán distintas presentacións do vinilo coa banda sonora do documental Negro Púrpura, mediante concertos e proxeccións no municipio de Vilar de Santos e nas cidades de Vigo e Santiago de Compostela. 

O domingo 12 de marzo ás 13:00 h terá lugar a cita en Vilar de Santos, concretamente na taberna cultural A Arca da Noe. A entrada terá un custo de 10 € que se ampliará a 20 € escollendo a opción con xantar.

A música do filme está asinada polo músico vigués Paulo Pascual, compositor e thereminista, quen decidiu apostar por sons experimentais e psicodélicos creando así a primeira banda sonora do Estado feita integramente co theremin, un instrumento inventado ó redor de 1920 polo  físico ruso Léon Theremin e co cal se poden manipular as ondas do son por medio dos movementos corporais de quen o toca.

A película, que foi estreada no 2021 e dirixida por Sabela Iglesias e Adriana P. Villanueva, percorre a Galiza do século XX a través do Claviceps purpurea, un fungo alucinóxeno que agroma nos cereais. Este fungo de mil nomes conéctanos co resto do mundo e alimenta relatos dende a porta da veciña ata as multinacionais farmacéuticas e a CIA.

Illa Bufarda e Paulo Pascual presentarán na Arca da Noe a banda sonora do filme "Negro...