miércoles. 08.05.2024

O patrimonio cultural de Xinzo de Limia será mañá o eixe central das xornadas de formación para maiores de 50 anos que levan por título “Camiños de coñecemento e experiencia”, e que promove a USC na vila.

Coa finalidade de pór en valor os tesouros culturais desta terra, incluirase unha visita guiada da Pedra Alta de Antela aos Miliarios de Vilariño das Poldras. Carolina Casal Chico, doutora en arte medieval pola USC, dirixirá a xornada, que terá como escenario a Casa da Cultura. A proposta desenvolverase este sábado de 10:00 a 11:30 horas e de 16:30 a 18:00 horas.

17 de abril

A criminoloxía e a política criminal serán os temas principais das charlas programadas para este día, nas que se incluirá unha sesión práctica para a resolución de casos e análise de pegadas dactilares, da man da experta Ana Moure Soengas, graduada en Ciencias Políticas e Criminoloxía.

24 de abril 

Esta será a última xornada da programación, na que se falará sobre as medidas preventivas fronte ao contaxio de enfermidades. Os asistentes poderán participar a través dun debate. Sergio Cinza Sanjurjo, médico de Atención Primaria, liderará o encontro.

NOTICIAS A LIMIA | Os limiáns adentraranse mañá no patrimonio cultural de Xinzo